mércores, 25 de novembro de 2015

25 de novembro- DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Hoxe celébrase de forma internacional o día contra a violencia de xénero e nós non somos menos.

Na escola pensamos que é moi importante educar ao alumnado para evitar, xa dende pequenos, comportamentos que atenten contra a igualdade entre xéneros adquirida.
Aproveitamos tamén para defender o respeto entre iguais, xa que, aínda que a porcentaxe de violencia do xénero masculino cara ó feminino é maior, tamén se dan casos de maltrato feminino cara ó xénero masculino , e como non, de maltrato en xeral, tanto verbal como físico.

Para tratar o tema, proxectouse na biblioteca do centro o contacontos "Arturo e Clementina", que fala da experiencia que vive a tartaruga Clementina coa súa parella Arturo e como ,finalmente ,cambia seu destino abrumada pola situación que está a vivir xunto a el.

Aquí vos deixamos o enlace para que o vexades:


Unha vez rematado o contacontos, cada grupo se dirixiu a cadansúa aula para traballar cos mestres e mestras sobre o contacontos e sobre a violencia de xénero .

Como mostra quedan dous debuxos feitos por alumnos de Educ. Infantil, un deles fiel ao conto e o outro representación da súa visión particular sobre o tema.




Entregamos, ademais, un folleto informativo da "Área de Igualdade do Concello de Malpica" e unha chapa  que nos fixeron chegar dende o Concello.



Asemade, o noso centro participou no Lipdub creado polo Concello de Malpica contra a violencia de xénero
Esperamos sexa do voso agrado e que creemos conciencia.