luns, 28 de marzo de 2016

Ángela Ruiz Robles - Creadora da enciclopedia mecánica e precursora do ebook

Se hoxe abrides o buscador "Google " atoparedes esta imaxe




Hoxe adícanlle o doodle a Ángela Ruiz Robles, mestra ferrolá que patentou a enciclopedia mecánica .
Para saber máis podedes ver este vídeo  de rtve e ademáis tedes moi fácil ver o libro do que falamos, xa que está exposto aquí en Galicia, no MUNCYT da Coruña.






venres, 18 de marzo de 2016

EXHIBICIÓN DEPORTIVA DO ALUMNADO DE 6º DE EP

Este ano seguimos traballando sobre o deporte e quen mellor que o mestre de Educ. Física para ensinarlles aos nenos e nenas cómo practicalo do modo axeitado?
Hoxe , despois dunha gran preparación e esforzo pola súa parte, o alumnado de 6 , titorizado por Pablo, obsequiounos cunha exhibición ximnástica espectacular.
En breve amosarémosvos algo, pero teredes que esperar a que organicemos os videos e as fotos, que non teñen desperdicio.
Parabéns aos protagonistas e ao mestre !

Sesión de Animación á Lectura do grupo de 2º de EP "INDICACIÓNS PARA APRENDER A DEBUXAR"

Este xoves 17, tocoulle o turno de preparar a sesión de animación á lectura aos nenos e nenas da clase de Sefa , de 2º de Educ. Primaria.
Fixérono xenial, elexiron contarnos como debuxar seguindo unhas pautas sinxelas.
De seguro que vos ven estupendamente , así que non deixedes de ver os videos.


Aprende a debuxar un neno

Agora a prende a debuxar tres avionetas

Por último , aprende a debuxar ....sorpresa! tes que velo!

Gustouvos verdade? Pois seguide os nosos blogues se non queredes perdervos nadiña!


CONCURSO " POSTAL DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO "

Durante a semana da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro, o alumnado da escola participou nun concurso moi especial suxerido pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e no que quixemos colaborar o equipo de Dinamización Lingüística e tamén o de Biblioteca.
O concurso consistiu en ilustrar unha postal cun dibuxo referido a Rosalía de Castro ou ao texto que aparece escrito na postal .
A postal gañadora sería a que se lle enviaría ás familias para celebrar a conmemoración da nosa xenial escritora.

Mentres non se enviou a postal gañadora, mantivemos todas as participantes expostas no recibidor da escola.

Agora que xa se descubriu o misterio e a tedes todos nas vosas casas, só nos queda felicitar a Alexia (6º EP) , por ser a persoa que ilustrou a postal seleccionada. Todas eran estupendas pero esta reunía todos os puntos necesarios para gañar











martes, 8 de marzo de 2016

8 de marzo DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Por ser hoxe o día internacional da muller, durante a hora de ler, reunímonos todos na Biblioteca e vimos uns videos relacionados co tema para sensibilizar ao alumnado.
O video que máis lles impactou foi o seguinte:

O SOÑO IMPOSIBLE



Dende a escola, agardamos que ista evolución non se quede aquí, esperamos que pouco a pouco todas as barreiras ideolóxicas desaparezan e que así as mulleres acaden na sociedade o mesmo lugar que teñen , dende hai moitísimos anos, os homes , promovendo a igualdade de xénero.

Aquí deixamos unha cantiga de Fuxan os Ventos que ten por título "Muller" como homenaxe



Muller de Fuxan os Ventos


Letra: María Docampo
Música: Xose Luis Rivas Cruz / Popular
Cantan: Fuxan os Ventos e Mercedes Peón

Ah, meu gaiteriño,
aínda me acordo,
cando baixabas polo monte abaixo,
e viñasme ti dicindo:
“Bota carne no pote, Marianiña,
bota carne no pote, Marianá,
un molete enteiro, enservelletado,
unha bota con viño, ¡chupáená!
– Muller, fartura de loita,
que che hei dicir eu, muller?
Se ti es como a terra nosa,
e a terra coma ti é.
Deixeivos a entrambas soias
anque convosco quedei.
Baleira quedou a terra,
ti, sementada, abofé.
E o vento dicia:
“pronto hei de volver!
pra tira-la fame, pra poder comer…!”
– Ai, muller, ¿cántas noitiñas
te deitaches coa tristura?
E o vento frío traguía
as novas dos que marmuran.
E o vento dicia:
“pronto hei de volver!
pra tira-la fame, pra poder comer…!”
Ti es o milagre da terra
e a terra é un milagre teu,
mistura de mel e cerna
de fera e de anxo do ceo.
Pariches de pé o fillo,
como fan no monte as bestas.
E hoxe que volvo vencido,
para que eu venza ti te deitas.
E ó voltar, que che hei dicir?
¡Maldito o día e a hora
en que vos deixei aquí
pra percurar vida fóra!
O inverno da emigración
roubounos a primavera.
Quen eu era, xa non son,
e ti non es a que eras.
Xa poden os leiros dar
colleitas ben abondosas,
xa poden en Madrid falar
con palabras ben fermosas,
que nunca, nunca nos han pagar
a nosa fame de outrora.

OLIMPIADAS E DEPORTISTAS GALEGOS

Este ano, o proxecto elaborado polo equipo de biblioteca para o PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares ) xira ao redor das Olimpiadas.
Por iso dende o departamento de Dinamización da Lingua Galega pensamos que a mellor forma de colaborar co proxecto do PLAMBE era facendo un traballo de investigación acerca de deportistas galegos e a súa relación coas olimpiadas.

Aquí vos deixamos a mostra do que foron atopando os nenos de 4º,5º e 6º de EP e de cómo colaboraron con nós os deportistas ! (Grazas pola axuda, sabemos que estades apuradísimos)



  1.  Primeiro de todo, falaremos de Cristóbal Rodríguez Fidalgo (Pentatleta)








                







2- Miguel Alvariño (Tiro con Arco ) Deportista galego revelación 2015

Se queredes saber máis mirade este post adicado en exclusiva a el http://dallelingua.blogspot.com.es/2016/04/adrian-ben-nombrado-deportista.html